24 ago. 2012

O Grove, paraíso do marisco, e do canibalismo

O Grove ten a fama de ser a "capital do marisco", pero eu creo que támén é a "capital do Canibalismo", a xulgar polas fotografías que se expoñen, que non son nin unha pequena parte do conxunto destrozado..
 
O feito de non dispoñer de planeamento urbanístico, e a famosa frase "tí vai facendo" fan de O Grove un desastre urbanístico.
 
Os turistas veñen a moreas a devorar o marisco, e cos cartos gañados os habitantes de O Grove devoran o seu territorio (perdón, o noso territorio).
 

 
O que ven os turistas antes de entrar na Toxa
































21 ago. 2012

Raxó (Poio), cerca de Sanxenxo

Raxó é unha localidade do Concello de Poio (Pontevedra), preto de Sanxenxo. Non é que prolifere o Canibalismo, pero indo de camiño para Sanxenxo (alí si que hai), tiven que parar o coche, ao ver o seguinte ESPERPENTO























Segundo me comentan os habitantes do lugar, está pendente de derrubo porque incumpre a Lei de Costas (xa se nota).. A verdade é que hai que ter imaxinación perversa para aproveitar de este xeito un terreo.

Quizás o autor se inspirase no seguinte edificio de Nova Iorque, pero é ben distinto:


Xa de paso, din conta de outro adefesio, a poucos metros, no que se materializa a especulación pura e dura. Mentres a normativa permite so dous andares (B+1),, entre os andares do tellado e os dos sotos,, pode chegar a ter SETE PISOS.




20 ago. 2012

Sanxenxo: Canibalismo de alto nivel

Sanxenxo, tamén chamado o Benidorm galego, é o exemplo paradigmático no que queda demostrado que o canibalismo non existe por falla de recursos económicos, ou por falla de formación do pobo.

Mesmo con fortes investimentos se pode levar a cabo un modelo urbanístico caníbal, feo, e a alto prezo. E o que está realizado por "depredadores do territorio", ou simplemente "especuladores inmobiliarios".

Sanxenxo é o modelo de vila que se debe evitar, a imaxe que nos serve para saber o que non se debe facer, porque non é un modelo territorial equilibrado e respectuoso coa paisaxe, coa contorna.

Sanxenxo está feito para os cartos, para especular, pero non serve para vivir. Vexamos algunas imaxes do que se está a dicir:

















Mal gusto, Rúas sen luz natural, Apelotonamento, Beirarrúas estreitas e incómodas, Falla de aparcamento, Pendentes en contra do sentido común, Falla homoxeneidade, Escala inadecuada

SANXENXO é o modelo que os Alcaldes de vilas costeiras deben evitar, o modelo urbanístico a estudar nos foros e evitar nos planeamentos urbanísticos


Algúns dos exemplos das rúas que dan a Chalés considerados "de luxo",.. Qué é o luxo, realmente?, non haber espazo para que se crucen dous automóbiles,. ou os muros heteroxéneos ??













É ESTE O MODELO URBANÍSTICO QUE QUEREMOS PARA AS NOSAS COSTAS ?